Hoxe os de 3º B estivemos na Biblioteca para lles contar aos nenos e nenas de primeiro: A Historia do Soldadiño de Chumbo. Estabamos moi nervosos, xa que era un conto difícil. Ao final resultou moi ben e incluso nos agasallaron cuns polbiños feitos con GOMA EVA. Que sorte!!Un para cada un! Grazas ao Eqiuipo da Biblioteca por tan fermoso agasallo.
Se queredes ver como nos foi co conto mirade, mirade...
Laura, a nosa castañeira, que aconsellaba tan ben ao soldadiño.
O público, que despois puido ver a versión en DVD da Editorial Galaxia, dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. Quedaron abraiados e ao final berraban MÁIS; MÁIS, MÁIS,... Non era para menos. É unha curtametraxe animada moi, moi recomendable!!!
1 comentarios:
hola begoña os meus amigos contarono moi ben
eu son miguel o teu alumno
Publicar un comentario