Hoxe pola tarde foi un día moi movido para os alumn@s de terceiro. Tiñamos previsto amasar o papel que xa estaba cortado en anaquiños e posto en auga para poder facer o colgante do colar da bailarina. Montamos unha mesa, remangámonos e puxémonos mans á masa. Tod@s os nen@s de terceiro poideron amasar e logo as nenas déronlle forma ao seu colgante. Agora témolos a secar. Dentro duns días poderemos decoralos e pintalos.
Queredes ver como nos foi???
Ahí tedes!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021
Hace 2 años
0 comentarios:
Publicar un comentario