Unha das nosas paradas obrigadas en Santiago de Compostela será a visita á Catedral. Para ir adiantando deixovos uns mapas que nos axudarán a movernos pola zona e descubrir os secretos que xa sabemos que agocha. Lembrade que este finde temos que investigar sobre que é iso da Berenguela, onde se atopa, que son as reliquias, como funciona o botafumeiro, por que se chama Praza do Obradoiro, que é o Pórtico da Gloria... Moitas cousas que pouco a pouco iremos descubrindo.
Ver mapa más grande
Neste outro mapa podemos ver a Catedral desde arriba.
Ver mapa más grande
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021
Hace 2 años
2 comentarios:
hola begoña son miguel espero que o pasemos ben en santiago eu xa fun a a tumba da catedral e tamen ao centro comercial aréa central e comin unha hamburguesa en Mcdonalls e as 4:30 merendi
Moi ben Miguel! Mañá faremos moitas cousas a parte de ver a Catedral e ir a Area Central. Tamén iremos ao Museo Luis Iglesias. Porque non investigas o que imos ver ali???. Así mañá no autobus xa nos dis... Sé bo!!!
Publicar un comentario