O venres pasado Virginia e Tomás estiveron no centro, trouxéronnos un soldadiño de plastilina dos que usaron para facer a peli e contaronnos moitas cousas interesantes. Nós estabamos entusiasmados e non parabamos de facerlles preguntas. Eles respondían unha tras outra. Aprendemos moitas cousas e quedamos de pasar polo museo do xoguete de Allariz onde esta o soldadiño nunha vitrina para que o poidamos ver tod@s. Estaremos pendientes dos novos proxectos de Virginia e Tomás. De momento, podedes lembrar como foi a xornada. Mirade, mirade...
Aquí estamos tod@s ao final da conversa.
Os nenos e nenas de terceiro fixemos un libriño para darlle de agasallo a Virginia Curiá e a Tomás Conde. Preparamolo con debuxos e cunhas palabras nas que lles contábamos porque nos gustara tanto. Queredes velo? Aqui tedes unha pequena mostra do noso traballo.
Hoxe pola tarde foi un día moi movido para os alumn@s de terceiro. Tiñamos previsto amasar o papel que xa estaba cortado en anaquiños e posto en auga para poder facer o colgante do colar da bailarina. Montamos unha mesa, remangámonos e puxémonos mans á masa. Tod@s os nen@s de terceiro poideron amasar e logo as nenas déronlle forma ao seu colgante. Agora témolos a secar. Dentro duns días poderemos decoralos e pintalos.
Queredes ver como nos foi???
Ahí tedes!
Hoxe os de 3º B estivemos na Biblioteca para lles contar aos nenos e nenas de primeiro: A Historia do Soldadiño de Chumbo. Estabamos moi nervosos, xa que era un conto difícil. Ao final resultou moi ben e incluso nos agasallaron cuns polbiños feitos con GOMA EVA. Que sorte!!Un para cada un! Grazas ao Eqiuipo da Biblioteca por tan fermoso agasallo.
Se queredes ver como nos foi co conto mirade, mirade...
Aqui están os protagonistas co seu agasallo. Noraboa a tod@s e en especial a JAVI MALPICA, o noso fantástico narrador.
Laura, a nosa castañeira, que aconsellaba tan ben ao soldadiño.
O público, que despois puido ver a versión en DVD da Editorial Galaxia, dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. Quedaron abraiados e ao final berraban MÁIS; MÁIS, MÁIS,... Non era para menos. É unha curtametraxe animada moi, moi recomendable!!!
Posted in CONTOS,GALEGO |
9:14 | by A XANELA MÁXICA
LEMBRADES O CONTO QUE LEMOS ESTA SEMANA NO PROXECTO LECTOR? A CEBRA CAMILA!!! SE ALGÚN ESTÁ INTERESADO EN PREPARALO PODE FACELO ESCOITANDO, LENDO E XOGANDO A TRAVÉS DESTE LIBRO LIM DA PROFE ANA MARTÍNEZ REY.
SEGUINDO O EXEMPLO DE VIRXINIA E TOMÁS- OS DIRECTORES DA CURTAMETRAXE O SOLDADIÑO DE CHUMBO- INTENTAMOS FACER O NOSO PROPIO SOLDADIÑO. TEMOS MOITO QUE APRENDER!!! POUCO A POUCO IREMOS DÁNDOLLE FORMA, PERO DE MOMENTO PODEDES VER COMO QUEDOU O PRIMEIRO INTENTO.
Esta é a XANELA MÁXICA dos nenos e nenas de terceiro do Cole Bergantiños de Carballo. A través dela poderedes atopar: novas, xogos, actividades e moitas máis cousas que nos vaian acontecendo ao longo do curso. Podedes participar escribíndonos a : berganter@gmail.com ou deixando os vosos comentarios.
APADRIÑAMENTOS LECTORES MAIO 2025
-
A finais de maio organizamos un novo encontro dos padriños e madriñas
lectores cos seus afillados e afilladas.
As lecturas foron ao aire libre aproveita...
MOITAS GRACIAS, TOÑO !!!
-
A pasada semana fumos invitados por Toño para visitar a Fábrica de
Cerqueira, onde puidemos ver o proceso de elaboración dos mexillóns en
lata.
...
CUENTOS CORTOS
-
Recomendamos esta web ya que incluye una gran recopilación de cuentos:
clásicos, populares, originales...
Clasifica también los cuentos por valores, por ...
Bienvenidos a este blog
-
Muchas gracias por llegar hasta este blog y visitarnos...
Durante varios años lo utilicé para compartir historias y para explorar
algunos de los nuevos c...
Ata sempre!
-
Chegou o día. Hai un novo blog de aula que nace pouco a pouco e, por esa
razón, este vai rematar o seu camiño. Ten que ser así, xa o sabiamos ao
empezar...
Rectificando
-
Probei os enderezos que puxera para os albúms de fotos e si me ían ben. O
problema , quizais , viña de que eran enderezos e non ligazóns nas que se
pica e ...
A aula virtual de 2º curso do profe Andrés.
-
Benvidos a esta aula de 2º curso.
O profe Andrés creouna para que os nenos e nenas de 2º curso do CEIP Emilia
Pardo Bazán de Vigo (Pontevedra), aprendade...