23/3/11

A TORRE DE HÉRCULES


E AGORA DESPOIS DE SABER TANTO DA TORRE QUERES VER QUE BEN O PASAMOS???

16/3/11

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA



O MARTES 15 DE MARZO DE 2011 FOMOS DE EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA TODO O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA. TIÑAMOS TRES VISITAS IMPORTANTES: MUSEO DE HISTORIA NATURAL- LUIS IGLESIAS-, RUEIRO DE CONSUMO EN ÁREA CENTRAL E VISITA Á CATEDRAL.
PODEDES VER AS FOTOS DA XORNADA NOS SEGUINTES SLIDES.



DESPOIS DA VISITA AO MUSEO FOMOS PARA ÁREA CENTRAL:



AO REMATAR ATOPAMOS UN ESPAZO EN AREA CENTRAL PARA DESCANSAR E COLLER FORZAS PARA A TARDE:


E PARA REMATAR CHEGAMOS Á CATEDRAL E VIMOLA POR DENTRO E POR FORA.



FOI UN DÍA MOI COMPLETO, PASÁMOLO MOI MOI BEN E PORTÁMONOS MOI MOI MOI BEN.

12/3/11

SANTIAGO ESTÁ ESPERÁNDONOS!!!

Unha das nosas paradas obrigadas en Santiago de Compostela será a visita á Catedral. Para ir adiantando deixovos uns mapas que nos axudarán a movernos pola zona e descubrir os secretos que xa sabemos que agocha. Lembrade que este finde temos que investigar sobre que é iso da Berenguela, onde se atopa, que son as reliquias, como funciona o botafumeiro, por que se chama Praza do Obradoiro, que é o Pórtico da Gloria... Moitas cousas que pouco a pouco iremos descubrindo.


Ver mapa más grande

Neste outro mapa podemos ver a Catedral desde arriba.


Ver mapa más grande

10/3/11

ASÍ FOI O ENTROIDO DE TERCEIRO

QUEREDES VER COMO IAMOS DISFRAZADOS DE SOLDADIÑOS E BAILARINAS O PASADO VENRES DE ENTROIDO??? MIRADE, AQUÍ TEDES AS FOTOS DA XORNADA. DESPOIS DUN DÍA TAN MOVIDO COLLEMOS FORZAS COS POSTRES QUE TROUXEMOS DA CASA. ESTABAN RIQUÍSIMOS. Ummmmmmm!!!



2/3/11

AXIÑA COMEZAREMOS A TRABALLAR CO PROXECTOTERRA

ESTAMOS ESTUDANDO A PAISAXE, AS VILAS E CIDADES. TAN PRONTO COMO REMATEMOS IMOS A TRABALLAR CUNS MATERIAIS MOI INTERESANTES QUE ACABAN DE RECIBIR O PREMIO NACIONAL DE URBANISMO POLA SÚA CALIDADE. REFÍROME AOS MATERIAIS DO PROXECTOTERRA. PODEDES VELOS NO SEGUINTE ENDREZO. ESTÁN ESTRUTURADOS POR CICLOS E ADEMAIS HAI ACTIVIDADES CLIC PARA REFORZAR OS CONTIDOS APRENDIDOS. A QUE TEN BOA PINTA??? VEREDES COMO SI...

27/2/11

O SOLDADIÑO DE CHUMBO. Sabes por qué me gustou??? Pois...

O venres pasado Virginia e Tomás estiveron no centro, trouxéronnos un soldadiño de plastilina  dos que usaron para facer a peli e contaronnos moitas cousas interesantes. Nós estabamos entusiasmados e non parabamos de facerlles preguntas. Eles respondían unha tras outra. Aprendemos moitas cousas e quedamos de pasar polo museo do xoguete de Allariz onde esta o soldadiño nunha vitrina para que o poidamos ver tod@s. Estaremos pendientes dos novos proxectos de Virginia e Tomás.  De momento, podedes lembrar  como foi a xornada. Mirade, mirade...

Aquí estamos tod@s ao final da conversa.

 Os nenos e nenas de terceiro fixemos un libriño para darlle de agasallo a Virginia Curiá e a Tomás Conde. Preparamolo con debuxos e cunhas palabras nas que lles contábamos porque nos gustara tanto. Queredes velo? Aqui tedes unha pequena mostra do noso traballo.




 
View more documents from bcode

23/2/11

Obradoiro de máscaras

Pintamos os nosos corazóns

Preparamos unha visita moi especial!!!

Aquí nos vedes dándolle os últimos toques a un mural sobre o SOLDADIÑO DE CHUMBO. Esperamos que vos guste!

15/2/11

PREPARAMOS OS COMPLEMENTOS DO NOSO DISFRAZ

Hoxe  pola tarde foi un día moi movido para os alumn@s de terceiro. Tiñamos previsto amasar o papel que xa estaba cortado en anaquiños e posto en auga para poder facer o colgante do colar da bailarina. Montamos unha mesa, remangámonos e puxémonos mans á masa. Tod@s os nen@s de terceiro poideron amasar e logo as nenas déronlle forma ao seu colgante. Agora témolos a secar. Dentro duns días poderemos decoralos e pintalos.
Queredes ver como nos foi???
Ahí tedes!

 
poemas de amor body{ poemas de amor poemas de amor