Mostrando entradas con la etiqueta SOLDADIÑO DE CHUMBO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOLDADIÑO DE CHUMBO. Mostrar todas las entradas

27/2/11

O SOLDADIÑO DE CHUMBO. Sabes por qué me gustou??? Pois...

O venres pasado Virginia e Tomás estiveron no centro, trouxéronnos un soldadiño de plastilina  dos que usaron para facer a peli e contaronnos moitas cousas interesantes. Nós estabamos entusiasmados e non parabamos de facerlles preguntas. Eles respondían unha tras outra. Aprendemos moitas cousas e quedamos de pasar polo museo do xoguete de Allariz onde esta o soldadiño nunha vitrina para que o poidamos ver tod@s. Estaremos pendientes dos novos proxectos de Virginia e Tomás.  De momento, podedes lembrar  como foi a xornada. Mirade, mirade...

Aquí estamos tod@s ao final da conversa.

 Os nenos e nenas de terceiro fixemos un libriño para darlle de agasallo a Virginia Curiá e a Tomás Conde. Preparamolo con debuxos e cunhas palabras nas que lles contábamos porque nos gustara tanto. Queredes velo? Aqui tedes unha pequena mostra do noso traballo.




 
View more documents from bcode

23/2/11

Pintamos os nosos corazóns

Preparamos unha visita moi especial!!!

Aquí nos vedes dándolle os últimos toques a un mural sobre o SOLDADIÑO DE CHUMBO. Esperamos que vos guste!

14/2/11

Contacontos na biblio!!!O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Hoxe  os de 3º B estivemos na Biblioteca para lles contar aos nenos e nenas de primeiro:  A Historia do Soldadiño de Chumbo. Estabamos moi nervosos, xa que era un conto difícil. Ao final resultou moi ben e incluso nos agasallaron cuns polbiños feitos con GOMA EVA. Que sorte!!Un para cada un! Grazas ao Eqiuipo da Biblioteca por tan fermoso agasallo.
Se queredes ver como nos foi co conto mirade, mirade...


Aqui están os protagonistas co seu agasallo. Noraboa a tod@s e en especial a JAVI MALPICA, o noso fantástico narrador.


Laura, a nosa castañeira, que aconsellaba tan ben ao soldadiño.
O público,  que despois puido ver a versión en DVD  da Editorial Galaxia, dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. Quedaron abraiados e ao final berraban MÁIS; MÁIS, MÁIS,... Non era para menos. É unha  curtametraxe animada moi,  moi recomendable!!!

11/2/11

O SOLDADIÑO DE CHUMBO. XOGAMOS COA PLASTI

SEGUINDO O EXEMPLO DE VIRXINIA E TOMÁS- OS DIRECTORES DA CURTAMETRAXE O SOLDADIÑO DE CHUMBO- INTENTAMOS FACER O NOSO PROPIO SOLDADIÑO. TEMOS MOITO QUE APRENDER!!! POUCO A POUCO IREMOS DÁNDOLLE FORMA,  PERO DE MOMENTO PODEDES VER COMO QUEDOU O PRIMEIRO INTENTO.

 
poemas de amor body{ poemas de amor poemas de amor