Mostrando entradas con la etiqueta CONTACONTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONTACONTOS. Mostrar todas las entradas

27/4/11

ANDA, CÓNTAME UN CONTO!!!


O martes pola tarde tivemos unha actividade moi bonita no patio do colexio. Os nenos e nenas de infantil de 5 anos ían a contar un conto ao alumnado de terceiro. Era un día precioso, o campo estaba cheo de floreciñas e facía sol. Os maiores, sentaron na herba e agardaron. Ao pouquiño chegaron os pequeniños e cada un foise sentar cun maior. Ao principio estaban un pouco serios, pero pouco durou. Xa veredes...

Fixemos as presentacións e  cando xa nos coñecíamos comezou o CONTACONTOS.

Os nenos e nenas de infantil prepararon moitos, moitos  contos. Algúns dos que poidemos escoitar foron: Os tres porquiños, A casiña de chocolate, O soldadiño de chumbo, Once damas atrevidas, Irmán Oso, Sacapenas, ...

Queres ver as fotos desa xornada marabillosa??? Velahí vai...


E para rematar dous pequenos anaquiños dese contacontos...

5/4/11

TÍRALLE DA LINGUA 2011

NORABOAAAAAAAAAAAA  RAPACESSSSSSSSSSS!!!!
HOXE celebramos o FESTIVAL DO TÍRALLE DA LINGUA e temos que felicitar a Miguel e Adrián Varela de 3º B por gañar na categoría do segundo ciclo co seu monólogo sobre "Como nos enganan cando somos pequenos". O segundo clasificado foi Gabi, tamén de 3º B co seu conto do "Coelliño Branco". Parabéns!!!

Aínda que Adrián, Miguel e Gabi foron os gañadores temos que vos felicitar a todos e todas por participar e por adicarlle tempo a preparar os vosos contos. Xa vedes que ao final o esforzo ten a súa recompensa.  
Estes somos nós no festival!!Mirade, mirade...








Adrián García con  AMORA









Estela  coas MULETILLAS





Alejandra cos TRES CHIBOS CHIBÓNS





Pablo coa CEBRA CAMILA




Javier co SOLDADIÑO DE CHUMBO




Yohander co PITO CAIRO






David, Juan e Diego coas NAIS





Iván coas FABAS MÁXICAS





Guillermo coa BRUXA REGAÑADENTES





Laura con MARISELDIÑA






Gabi co COELLIÑO BRANCO







Nadia coa RATIÑA PRESUMIDA






Queredes ver como estaba o ambiente??? Mirade, Vaia éxito!!!


Agora Santiago de Compostela e o Teatro Principal agárdanos o vindeiro 28 de abril.

14/2/11

Contacontos na biblio!!!O SOLDADIÑO DE CHUMBO

Hoxe  os de 3º B estivemos na Biblioteca para lles contar aos nenos e nenas de primeiro:  A Historia do Soldadiño de Chumbo. Estabamos moi nervosos, xa que era un conto difícil. Ao final resultou moi ben e incluso nos agasallaron cuns polbiños feitos con GOMA EVA. Que sorte!!Un para cada un! Grazas ao Eqiuipo da Biblioteca por tan fermoso agasallo.
Se queredes ver como nos foi co conto mirade, mirade...


Aqui están os protagonistas co seu agasallo. Noraboa a tod@s e en especial a JAVI MALPICA, o noso fantástico narrador.


Laura, a nosa castañeira, que aconsellaba tan ben ao soldadiño.
O público,  que despois puido ver a versión en DVD  da Editorial Galaxia, dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde. Quedaron abraiados e ao final berraban MÁIS; MÁIS, MÁIS,... Non era para menos. É unha  curtametraxe animada moi,  moi recomendable!!!

 
poemas de amor body{ poemas de amor poemas de amor