1/4/11

OS LIBRIÑOS DE 3º A, B e C

ACABAN DE SAÍR AGORA MISMIÑO!! SE QUERES PODES VER O BEN QUE TRABALLAMOS EN INFORMÁTICA COA PROFE CHELO!!!!

AQUÍ TES OS CONTOS E RELATOS QUE ELABORARON OS NENOS DE 3º A, B e C. 


30/3/11

PREPARAMOS O TÍRALLE DA LINGUA


Durante esta semana estamos un pouco nervosos preparando o festival que imos celebrar no colexio o vindeiro martes. 
Refírome ao festival do Tíralle da Lingua que organizamos en colaboración coa ASPG. Os gañadores do colexio poderán representarnos en Santiago na final que se celebrará a finais de abril. 



Un dos contos que preparamos é este do GALO QUIRICO. Queres coñecelo? Pouco a pouco iremos comentando as novidades que vaian xurdindo. De momento na nosa clase temos case un 100%  de participación. Só nos queda  animar a Marta  e  José María que son os únicos que non se deciden. Veña, rapaces!!! Mañá volvemos outra vez aos ensaios...

View more documents from bcode.



Outro dos contos que preparamos é o da CEBRA CAMILA. A ver se che gusta!






23/3/11

A TORRE DE HÉRCULES


E AGORA DESPOIS DE SABER TANTO DA TORRE QUERES VER QUE BEN O PASAMOS???

16/3/11

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA



O MARTES 15 DE MARZO DE 2011 FOMOS DE EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA TODO O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA. TIÑAMOS TRES VISITAS IMPORTANTES: MUSEO DE HISTORIA NATURAL- LUIS IGLESIAS-, RUEIRO DE CONSUMO EN ÁREA CENTRAL E VISITA Á CATEDRAL.
PODEDES VER AS FOTOS DA XORNADA NOS SEGUINTES SLIDES.



DESPOIS DA VISITA AO MUSEO FOMOS PARA ÁREA CENTRAL:



AO REMATAR ATOPAMOS UN ESPAZO EN AREA CENTRAL PARA DESCANSAR E COLLER FORZAS PARA A TARDE:


E PARA REMATAR CHEGAMOS Á CATEDRAL E VIMOLA POR DENTRO E POR FORA.



FOI UN DÍA MOI COMPLETO, PASÁMOLO MOI MOI BEN E PORTÁMONOS MOI MOI MOI BEN.

12/3/11

SANTIAGO ESTÁ ESPERÁNDONOS!!!

Unha das nosas paradas obrigadas en Santiago de Compostela será a visita á Catedral. Para ir adiantando deixovos uns mapas que nos axudarán a movernos pola zona e descubrir os secretos que xa sabemos que agocha. Lembrade que este finde temos que investigar sobre que é iso da Berenguela, onde se atopa, que son as reliquias, como funciona o botafumeiro, por que se chama Praza do Obradoiro, que é o Pórtico da Gloria... Moitas cousas que pouco a pouco iremos descubrindo.


Ver mapa más grande

Neste outro mapa podemos ver a Catedral desde arriba.


Ver mapa más grande

10/3/11

ASÍ FOI O ENTROIDO DE TERCEIRO

QUEREDES VER COMO IAMOS DISFRAZADOS DE SOLDADIÑOS E BAILARINAS O PASADO VENRES DE ENTROIDO??? MIRADE, AQUÍ TEDES AS FOTOS DA XORNADA. DESPOIS DUN DÍA TAN MOVIDO COLLEMOS FORZAS COS POSTRES QUE TROUXEMOS DA CASA. ESTABAN RIQUÍSIMOS. Ummmmmmm!!!



2/3/11

AXIÑA COMEZAREMOS A TRABALLAR CO PROXECTOTERRA

ESTAMOS ESTUDANDO A PAISAXE, AS VILAS E CIDADES. TAN PRONTO COMO REMATEMOS IMOS A TRABALLAR CUNS MATERIAIS MOI INTERESANTES QUE ACABAN DE RECIBIR O PREMIO NACIONAL DE URBANISMO POLA SÚA CALIDADE. REFÍROME AOS MATERIAIS DO PROXECTOTERRA. PODEDES VELOS NO SEGUINTE ENDREZO. ESTÁN ESTRUTURADOS POR CICLOS E ADEMAIS HAI ACTIVIDADES CLIC PARA REFORZAR OS CONTIDOS APRENDIDOS. A QUE TEN BOA PINTA??? VEREDES COMO SI...

27/2/11

O SOLDADIÑO DE CHUMBO. Sabes por qué me gustou??? Pois...

O venres pasado Virginia e Tomás estiveron no centro, trouxéronnos un soldadiño de plastilina  dos que usaron para facer a peli e contaronnos moitas cousas interesantes. Nós estabamos entusiasmados e non parabamos de facerlles preguntas. Eles respondían unha tras outra. Aprendemos moitas cousas e quedamos de pasar polo museo do xoguete de Allariz onde esta o soldadiño nunha vitrina para que o poidamos ver tod@s. Estaremos pendientes dos novos proxectos de Virginia e Tomás.  De momento, podedes lembrar  como foi a xornada. Mirade, mirade...

Aquí estamos tod@s ao final da conversa.

 Os nenos e nenas de terceiro fixemos un libriño para darlle de agasallo a Virginia Curiá e a Tomás Conde. Preparamolo con debuxos e cunhas palabras nas que lles contábamos porque nos gustara tanto. Queredes velo? Aqui tedes unha pequena mostra do noso traballo.




 
View more documents from bcode

23/2/11

Obradoiro de máscaras

Pintamos os nosos corazóns

 
poemas de amor body{ poemas de amor poemas de amor