O martes pola tarde tivemos unha actividade moi bonita no patio do colexio. Os nenos e nenas de infantil de 5 anos ían a contar un conto ao alumnado de terceiro. Era un día precioso, o campo estaba cheo de floreciñas e facía sol. Os maiores, sentaron na herba e agardaron. Ao pouquiño chegaron os pequeniños e cada un foise sentar cun maior. Ao principio estaban un pouco serios, pero pouco durou. Xa veredes...
Os nenos e nenas de infantil prepararon moitos, moitos contos. Algúns dos que poidemos escoitar foron: Os tres porquiños, A casiña de chocolate, O soldadiño de chumbo, Once damas atrevidas, Irmán Oso, Sacapenas, ...
Queres ver as fotos desa xornada marabillosa??? Velahí vai...
0 comentarios:
Publicar un comentario