28/4/11

BEN QUE TIRAMOS DA LINGUA!!!

DOUS  NENOS  DE TERCEIRO VEÑEN DE GAÑAR O FESTIVAL DE RELATO ORAL TÍRALLE DA LINGUA

MIGUEL PORTEIRO COTELO E ADRIÁN VARELA NIETO DE 3ºB DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO CEIP BERGANTIÑOS SON OS VENCEDORES DESTE CONCURSO ORGANIZADO POLA ASPG E CELEBRADO HOXE POLA MAÑÁ NO TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.


Nesta XI edición MIGUEL PORTEIRO COTELO E ADRIÁN VARELA NIETO  co monólogo titulado " Con que os enganan de pequenos" acadaron o 1º premio a nivel galego, dotado con 250 euros para os alumnos e outros 250 euros para o colexio.
Os gañadores co seu cheque bancario
O Concurso tivo lugar hoxe, 28 DE ABRIL no Teatro Principal , en Santiago de Compostela. Ata alí, viaxaron os nenos de 2º, 3º e 5º do C.E.I.P. Bergantiños para acompañar e dar ánimos aos compañeir@s que se presentaban:
  • Sara Pose Rama, Valeria Ramos Busto, de 2º de primaria
  • Gabriel Pablo Gundín santos, MIGUEL PORTEIRO COTELO E ADRIÁN VARELA NIETO de 3º de primaria
  • Max souto Reino e Francisco Rey Pereira de 5º de primaria

A participación foi moi alta xa que ao longo da mañá poidemos escoitar a uns 26 participantes tanto a nivel individual como en grupo, que viñan de toda a xeografía galega. Así tivemos oportunidade de escoitar contos de Monforte de Lemos, de Pedrafita do Cebreiro, de Baio, de Ferrol, de Santiago de Compostela, de Mazaricos, de Frades, e tamén de Carballo. Ao final o xurado decidiu que o segundo premio viaxara a terras de Monforte de Lemos e o primeiro premio se quedara un ano máis en Carballo.

Hai que lembrar que o noso colexio xa gañou a IX edición deste concurso-Sergio Brandón Balsa,- co seu monólogo: O premio. E que o ano pasado o premio veu para o noso veciño CEIP FOGAR, tamén de Carballo. Polo que nestes tres últimos anos estamos tirando moi, moi ben da lingua en CARBALLO!!!!! E agardamos que anos vindeiros siga este traballo de todos en prol da lingua galega. Hai que destacar que é un concurso con moito mérito pois hai que estar diante dun auditorio e contar un conto ou un monólogo en galego. Todo isto consíguese grazas ao esforzo dos alumnos e alumnas por aprender o seu conto de memoria, ao esforzo dos mestres e mestras por crear, buscar, puír e adicarlle tempo a mellorar o texto e a técnica do alumnado e tamén ao esforzo dos país e nais que colaboran na casa, e que sempre están ao punto en todo o que se lles pide.

A finalidade do concurso é impulsar o uso da lingua galega entre a xente nova, e de verdade que no colexio Bergantiños hai unha boa canteira de contadores e contadoras como se demostrou no concurso celebrado no colexio a principios de mes .

Na cidade da cultura


Pásamolo de medo polas cubertas

Camiñamos polas rúas da cidade, e pasamos polos soportais

Vimos as torres Hejduk e incluso se nos fixamos podemos ver a torre do aire( ao revés) no medio

Visitamos a Sala do Camiño e vimos o cubo onde se gardan os proxectos da Cidade da Cultura

Botamos un ollo ás maquetas

Fixemos fotos na biblioteca

Contemplamos as vistas desde as cubertas

Pero isto non foi todo: aproveitamos a estancia para visitar a cidade da cultura e quedamos impresionados polo que nos contaron as guías. Paga a pena ir a vela! Vaia enxeño e imaxinación a de Peter Eisenman que quixo trasladar as rúas da cidade vella de Santiago ao Monte Gaiás. E que ben o conseguíu. Tamén nos detivemos nas torres Hejduk, que se asemellan ás torres da Catedral, na sala do camiño onde o chan era de cristal, na biblioteca que parecía un castelo medieval co seu foso, ca ponte levadiza,... E moito máis que nos fixo voar a imaxinación e pensar que en Galicia tamén temos moito do que sentirnos orgullosos.

Non todo foron actos culturais, tamén tivemos tempo para admirar a Catedral, visitar a Alameda, comer no Parque de santo Domingo de Bonaval e despois recibimento de campións en Carballo. Non era para menos!!!
Xogamos na Alameda
Percorremos o parque de Santo Domingo de Bonaval

Admiramos unha vez máis a Catedral
Por certo, os que queiran escoitar aos nosos protagonistas poderán facelo no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que se celebrará no vindeiro mes de maio no PAZO DA CULTURA en CARBALLO.

PARABÉNS!!!

27/4/11

ANDA, CÓNTAME UN CONTO!!!


O martes pola tarde tivemos unha actividade moi bonita no patio do colexio. Os nenos e nenas de infantil de 5 anos ían a contar un conto ao alumnado de terceiro. Era un día precioso, o campo estaba cheo de floreciñas e facía sol. Os maiores, sentaron na herba e agardaron. Ao pouquiño chegaron os pequeniños e cada un foise sentar cun maior. Ao principio estaban un pouco serios, pero pouco durou. Xa veredes...

Fixemos as presentacións e  cando xa nos coñecíamos comezou o CONTACONTOS.

Os nenos e nenas de infantil prepararon moitos, moitos  contos. Algúns dos que poidemos escoitar foron: Os tres porquiños, A casiña de chocolate, O soldadiño de chumbo, Once damas atrevidas, Irmán Oso, Sacapenas, ...

Queres ver as fotos desa xornada marabillosa??? Velahí vai...


E para rematar dous pequenos anaquiños dese contacontos...

14/4/11

PÁXINA PARA PRACTICAR O APRENDIDO NA ESCOLA


5/4/11

TÍRALLE DA LINGUA 2011

NORABOAAAAAAAAAAAA  RAPACESSSSSSSSSSS!!!!
HOXE celebramos o FESTIVAL DO TÍRALLE DA LINGUA e temos que felicitar a Miguel e Adrián Varela de 3º B por gañar na categoría do segundo ciclo co seu monólogo sobre "Como nos enganan cando somos pequenos". O segundo clasificado foi Gabi, tamén de 3º B co seu conto do "Coelliño Branco". Parabéns!!!

Aínda que Adrián, Miguel e Gabi foron os gañadores temos que vos felicitar a todos e todas por participar e por adicarlle tempo a preparar os vosos contos. Xa vedes que ao final o esforzo ten a súa recompensa.  
Estes somos nós no festival!!Mirade, mirade...








Adrián García con  AMORA









Estela  coas MULETILLAS





Alejandra cos TRES CHIBOS CHIBÓNS





Pablo coa CEBRA CAMILA




Javier co SOLDADIÑO DE CHUMBO




Yohander co PITO CAIRO






David, Juan e Diego coas NAIS





Iván coas FABAS MÁXICAS





Guillermo coa BRUXA REGAÑADENTES





Laura con MARISELDIÑA






Gabi co COELLIÑO BRANCO







Nadia coa RATIÑA PRESUMIDA






Queredes ver como estaba o ambiente??? Mirade, Vaia éxito!!!


Agora Santiago de Compostela e o Teatro Principal agárdanos o vindeiro 28 de abril.

4/4/11

QUEREDES XOGAR Á PIQUIPALABRA???

CON ESTE  PASAPALABRA PODEMOS PASAR UN ANACO DIVERTIDO E ADEMAIS APRENDEMOS. POR QUE NON PROBADES A VER QUE TAL VOS VAI?



1/4/11

OS LIBRIÑOS DE 3º A, B e C

ACABAN DE SAÍR AGORA MISMIÑO!! SE QUERES PODES VER O BEN QUE TRABALLAMOS EN INFORMÁTICA COA PROFE CHELO!!!!

AQUÍ TES OS CONTOS E RELATOS QUE ELABORARON OS NENOS DE 3º A, B e C. 


 
poemas de amor body{ poemas de amor poemas de amor