4/10/10

A BRUXA REGAÑADENTES

OUTRO DOS CONTOS QUE ESTIVEMOS LENDO ESTES DÍAS FALABA DA BRUXA REGAÑADENTES.

RECORDADES O CONTO?

ESTE É UN BREVE RESUMO

Había unha vez tres irmáns que pasaban o día brincando dun lado para outro. A súa nai dicíalles que non fosen ao bosque pois nel vivía unha bruxa con dentes de ferro que come os nenos e cos ósos fai o valado que rodea a casa. Un día o irmán maior dixo de ir porque non lle tiña medo ás bruxas, o mediano dixo vale e o pequeno, como lle chamaron cagainas, dixo que ía tamén. Adentráronse no bosque enorme e escuro e empezaron a sentir medo na noite. Pero non sabían como volver á casa. Desde unha árbore, o pequeno descubriu a luz dunha casa ao lonxe. Alá foron.

Abriulles unha vella, que lles deu a cea. Mais o pequeno desconfiaba dela, non pegaba no sono e coa luz da lúa viu o valado de ósos de nenos pequenos. Cando a bruxa entrou no cuarto e o atopou esperto, el díxolle que non durmía porque antes a mai sempre lle dá un ovo fritido. Ela foille por un. Ao cabo dun pouco, seguía igual. Desta vez, porque polas noites a mai tamén lle dá figos pasos, que ela lle trae; despois, porque lle falta a auga do pozo nunha peneira. Alá lla foi buscar a bruxa, deixando o xabón, un peito e un coitelo, os seus obxectos máxicos, na cociña. El espertou os irmáns, colleron os obxectos e liscaron da bruxa; ela perseguiunos regañando os dentes de ferro, pero sen ser quen de pillalos porque lle tiraron o xabón, que se converteu nunha montaña de espuma; logo, o peite, que se cravou no chan converténdose nunha ringleira de árbores; finalmente, o pequeno lanzoulle o coitelo, que caeu diante dela abrindo unha fenda imposible de saltar. Eles non pararon de correr ata que saíron do bosque.



Ela volveuse para a casa e alí quedou para sempre.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
poemas de amor body{ poemas de amor poemas de amor