23/12/10

FESTVAL DE NADAL 2010!!!

Esta foi a nosa actuación no festival de nadal 2010. Fixemos unha pequena representación baseada na canción de Rudolph, the red nose reindeer.

 Esperamos que vos guste!!


Feliz Nadal para tod@s.


SE QUEREDES VER ALGUNHAS FOTOS DA XORNADA PODEDES FACELO NO SEGUINTE SLIDE


12/12/10

OS TRES CHIBOS CHIBÓNS

OS TRES CHIBOS CHIBÓNS
ESTE É UN DOS CONTOS QUE ESTAMOS PREPARANDO NA CLASE. A VER SE VOS GUSTA A NOSA ADAPTACIÓN DO CONTO EDITADO POR KALANDRAKA. XA NOS CONTAREDES!!!



SE QUEREDES PODEDES COLOREAR AOS TRES CHIBOS E MAIS AO OGRO!!!



9/12/10

FESTIVAL DE NADAL

EN TERCEIRO B IMOS FACER UNHA PEQUENA REPRESENTACIÓN DE RUDOLPH, THE RED NOSE REINDEER E PARA QUE VAIADES PRACTICANDO A MÚSICA NA CASA E APRENDENDO A LETRA DA CANCIÓN  DEIXOVOS  ESTES ENLACES.






8/12/10

OS ANIMAIS

APRENEMOS COUSAS E INVESTIGAMOS SOBRE OS ANIMAIS




3/12/10

POSTAIS DE NADAL

ESTAS SON AS POSTAIS QUE ESTIVEMOS ELABORANDO DURANTE ESTA SEMANA. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!!

BO NADAL PARA TOD@S!!!!


17/11/10

AS LAVANDEIRAS

M. Colmeiro



Hoxe imos presentarche as LAVANDEIRAS. Que non sabes o que son? Pois son espíritos que aparecen nas noites de lúa chea nas beiras dos ríos.

Aparecen lavando as sabas manchadas do sangue e ésta nunca desaparece. Dise que son mulleres que morreron no parto ou que deixaron morrer aos seus fillos sen bautizar.

Piden axuda aos vivos para escurrir as sabas (se aceptas tes que procurar torcer a roupa en distinto sentido ao que o fan elas) pero o é mellor escapar
cando un as ve e non facerlle caso porque traen mala sorte ou incluso ocasionar a morte.

Para que te fagas unha idea aquí temos un precioso video de FUXAN OS VENTOS onde se une a música e a voz para contarche esta preciosa historia.




OS SENTIDOS. TEMA 3



IMOS A REPASAR  O APRENDIDO SOBRE OS SENTIDOS.

MÁIS ABAIXO TES UN RESUMO !!!
OS SENTIDOS

10/11/10

SABEDES PORQUE AS CASTAÑAS TEÑEN UN ANACO DE PEL MÁIS CLARO???

Pois diso falamos hoxe pola mañá, non si? Lembrades o que comentamos??? A pobre castaña reventou coa risa ao ver á brasa caer no río. Daquela estragou o  traxe e tiveron que chamar a un xastre... Pero claro, o xastre non tiña un anaco de pel igual e tivo que remendala cun anaco máis claro. Por iso, hoxe vemos a todas as castañas con dúas cores no seu traxe.

Grazas ao EDLG do CPI de PONTECARREIRA- por certo saúdos para tod@s, e grazas polo tempo e traballo compartido_ podemos ver a verdadeira historia ilustrada.
Mirade, mirade... Logo preguntarédesme se foi certo. Aínda o dubidades???

A Castana Que Rebentou Coa Risa

Se queredes traballar con este conto aquí tedes o necesario!

5/11/10

VISITAMOS A FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

Este xoves 4 de novembro fomos de visita á Fundación María José Jove. Foi unha visita moi interesante na que aprendemos moitas cousas sobre a pintura en xeral e sobre os pintores galegos.
Coñecemos a diferencia entre REALISMO e ARTE ABSTRACTO, explicáronnos o que era o SURREALISMO... Despois pasamos  a unha sala na que comprobamos que os pintores galegos de antes e de agora souberon perfectamente acollerse ás novas correntes pictóricas e reflexar a súa terra e a súa cultura nos cadros empregando diversos estilos. Alí vimos exemplos da obras de Castelao, de Luís Seoane( encantounos a súa técnica de encher de cor e logo facer siluetas en negro. Tamén observamos os marabillosos cadros de Colmeiro- As lavandeiras- Son cadros cheos de cor que contrastan cos Laxeiros que tamén había na sala. 
Ao saír observamos a pintura de Álvarez de Sotomayor. Un pintor que reflexou coma nadie á xente de Bergantiños. Por iso nos gusta, porque comprobamos que preto de nós tamén temos e tivemos grandes artistas. Artistas que conviven na Fundación con KANDINSKY, PICASSO, LÉGER, DALÍ, MIRÓ e tantos outros. 
Ao rematar a explicación déronnos un caderniño para completar no que había xogos de identificar, descubrir diferenzas, debuxar,...
Queredes ver as fotos da xornada? Pois mirade...

1/11/10


Glitter Text @ Glitterfy.com

28/10/10

ESTAS SON AS NOSAS CABAZAS!

NÓS TAMÉN SABEMOS COCIÑAR! MIRADE O NOSO CEMITERIO MONSTRUOSO.

ASÍ RECIBIMOS O SAMAÍN...MIRADE QUE GUAPOS/AS ESTAMOS!!!

EXPOSICIÓN DE CABAZAS 2010!!!

27/10/10

RECURSOS PARA O MAGOSTO

PODES PINCHAR NO SEGUINTE ENLACE E TERÁS UNHA CHEA DE RECURSOS E ACTIVIDADES.

24/10/10

RECOMPILACIÓN DE RECURSOS SOBRE O SAMAÍN NA WIKIBERGAN



 

18/10/10

SAMAÍN 2010



QUERES SABER MÁIS DA HISTORIA DO SAMAÍN?




ATRÉVESTE A TALLAR UNHA CABAZA ARREPIANTE??? AQUÍ PODERÁS FACELO!





LIBROS LIM SOBRE O SAMAÍN



ESCOLA DE CASALONGA: LIM DO SAMAÍN





12/10/10

MOITOS RECURSOS PARA APRENDER!!!

6/10/10

LAXEIRO

Xa que estamos de medo, queremos aproveitar para que coñezades a obra dun importante pintor galego chamado LAXEIRO que creou moitos cadros de diferentes estilos. Algúns dos seus cadros dan un pouco de medo debido ás cores usadas -nas que predomina o negro e os terras- e aos temas elexidos. Bótalle un ollo a súa pintura. Paga a pena!!!

Laxeiro

 

4/10/10

A BRUXA REGAÑADENTES

OUTRO DOS CONTOS QUE ESTIVEMOS LENDO ESTES DÍAS FALABA DA BRUXA REGAÑADENTES.

RECORDADES O CONTO?

ESTE É UN BREVE RESUMO

Había unha vez tres irmáns que pasaban o día brincando dun lado para outro. A súa nai dicíalles que non fosen ao bosque pois nel vivía unha bruxa con dentes de ferro que come os nenos e cos ósos fai o valado que rodea a casa. Un día o irmán maior dixo de ir porque non lle tiña medo ás bruxas, o mediano dixo vale e o pequeno, como lle chamaron cagainas, dixo que ía tamén. Adentráronse no bosque enorme e escuro e empezaron a sentir medo na noite. Pero non sabían como volver á casa. Desde unha árbore, o pequeno descubriu a luz dunha casa ao lonxe. Alá foron.

Abriulles unha vella, que lles deu a cea. Mais o pequeno desconfiaba dela, non pegaba no sono e coa luz da lúa viu o valado de ósos de nenos pequenos. Cando a bruxa entrou no cuarto e o atopou esperto, el díxolle que non durmía porque antes a mai sempre lle dá un ovo fritido. Ela foille por un. Ao cabo dun pouco, seguía igual. Desta vez, porque polas noites a mai tamén lle dá figos pasos, que ela lle trae; despois, porque lle falta a auga do pozo nunha peneira. Alá lla foi buscar a bruxa, deixando o xabón, un peito e un coitelo, os seus obxectos máxicos, na cociña. El espertou os irmáns, colleron os obxectos e liscaron da bruxa; ela perseguiunos regañando os dentes de ferro, pero sen ser quen de pillalos porque lle tiraron o xabón, que se converteu nunha montaña de espuma; logo, o peite, que se cravou no chan converténdose nunha ringleira de árbores; finalmente, o pequeno lanzoulle o coitelo, que caeu diante dela abrindo unha fenda imposible de saltar. Eles non pararon de correr ata que saíron do bosque.



Ela volveuse para a casa e alí quedou para sempre.

ONDE VIVEN OS MONSTROS??

ACORDÁDESVOS DO CONTO QUE LEMOS O OUTRO DÍA??? AGORA PODEDES ESCOITALO E VELO  NUNHA NOVA VERSIÓN.  A VER SE VOS GUSTA...

ONDE VIVEN OS MONSTROS

22/9/10

ASÍ EMPEZAMOS TERCEIRO B!!!

17/9/10

O CORPO HUMANO

COÑECEMENTO DO MEDIO.- Pincha aquí para saber máis do corpo humano





7/9/10

BENVID@S A TERCEIRO!!!

 
poemas de amor body{ poemas de amor poemas de amor